MOCION PARA QUE O CONCELLO HABILITE OU ACONDICIONE UN ESPAZO OU LOCAL DESTINADO AO SERVIZO DE TAXI.

 

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:

 

Exposición de Motivos:

 

O servizo de TAXI tratase dunha prestación pública creada para atender as necesidades de transporte da ciudadanía nunhas condicións idóneas de seguridade, con atención especial a persoas desfavorecidas ou con algunha discapacidade, definición esta recollida na lei de ordenación dos transportes terrestres [ 30\VII\1987], que da mesma maneira obriga aos poderes públicos a armonizar as condicións de competencia entre os diferentes modos e empresas de transportes, evitando a competencia desleal, e protexendo obviamente o dereito de libre elección do usuario e a liberdade de xestion empresarial. Xa no inicio deste mandato, no 2015, falábamos neste salón de plenos das prerrogativas das que goza o servizo de TAXI nas diferentes cidades ou municipios, tales como carriles reservados, libre acceso a calqueira espazo da cidade, aparcamentos exclusivos en forma de paradas, etc. En consecuencia, un servizo que debe estar regulado en beneficio dos intereses da cidadanía, e dicir, fácil acceso ao servizo, amplio horario, tarifa visible, seguridade, cobro axustado, etc.

Por elo, dende o Grupo Popular reiteramos a nosa inquedanza de continuar ca proposta, e que xa no seu momento trasladamos, de que o servizo de TAXI en Betanzos necesita cubrir algunha das deficencias que se puxeron de relieve en mais de unha ocasión incluso por parte dos propios conductores desta prestación pública.

Na actualidade este servizo encontrase,  como todos sabemos, ubicado na Plaza de Galicia diante concretamente do Edificio Liceo onde reside a Nosa administración local, e de onde operan as 24 horas do día e durante os 365 días do ano. Unha labor como xa se mencionou nalgunha ocasión que non valoramos o suficiente e que moitas veces faise caso omiso das peticións ou reivindicacións que trasladan.

Hoxe, e de forma reiterada,  queremos facer chegar de novo a este órgano plenario unha antiga demanda que consideramos  necesaria de cubrir, e que non se trata de outra que a de habilitar un espazo físico para os taxistas na nosa cidade, e onde como xa dixemos en mais ocasións, ter un lugar de espera ao longo de todo o ano mentras prestan o seu servizo, un espazo onde poidan evitar o sufrimento en numerosas situacións  as diversas condicións climatoloxicas ao longo do ano, un espazo que lles permita ademáis ter unha maior seguridade  e non estar expostos durante a noite a calquera inseguridade que lles poda afectar.

De feito, unha posibilidade sería a de estudar e valorar o traslado da Oficina de Información Turística da sua ubicación actual para as dependencias municipais existentes na Praza da Constitución e dar desta maneira maior impulso, vitalidade e actividade na zona histórica da cidade, conseguindo así un ideal espazo no Edifico Liceo para o colectivo que presta o servizo publico de TAXI.

Por todo elo, e tendo en conta o exposto con anterioridade dende o Grupo do Partido Popular sometemos para a sus aprobación do Pleno da Corporación Municipal os seguintes ACORDOS:

 

  1. Que por parte do goberno municipal se leve a cabo e de novo unha revisión dos posibles locais con disposición e sitos no Edificio Administrativo do Liceo e habilitar desta maneira un espazo necesario para os taxistas ou ben levar a cabo nas inmediacións do punto de servizo TAXI a instalación dun lugar adecuado para dar solución a estas antigas demandas.

 

  1. Que o Alcalde ou concelleiro no que delegue leve a cabo os trámites necesarios para dar cumprimento a estos acordos.

 

 

 

 

 

Betanzos, a 22 de novembro de 2.017

Grupo Municipal do  Partido Popular de Betanzos

 

 

 

 

SuperWebTricks Loading...