SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DO CONCELLEIRO DELEGADO DE DEPORTES
- O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos. con arreglo ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos días tanto traballadores/as como aboados/as do complexo deportivo do Carregal trasladáronnos a súa preocupación por diferentes asuntos. Asuntos relativos tanto ao deficiente estado da infraestrutura como polo incerto presente e futuro do servizo, principalmente no que atinxe á súa plantilla. Tamén, e como xa manifestamos na última sesión plenaria, o malestar dos/as asistentes á actividade de bádminton pola súa eliminación aínda que aparece recollida como obrigatoria nos pregos de licitación do contrato.
Por todo isto, dende o Grupo Municipal do Partido Popular solicitamos en base ao Regulamento Órganico Municipal, a inclusión na orde do día da sesión plenaria ordinaria do 26/11/2024 do seguinte punto:
COMPARECENCIA DO DELEGADO DE DEPORTES DO CONCELLO DE BETANZOS
Co fin de que informe ao Pleno sobre os seguintes puntos:
- Estado actual das instalacións deportivas municipais, con especial atención aos problemas ou deficiencias que poidan existir e que afecten ao correcto funcionamento das mesmas.
- Situación do proceso de licitación do contrato de servizo das devanditas instalacións, incluíndo prazos, condicións e calquera outro aspecto relevante para a súa execución, así como a previsión das obras ou melloras necesarias.