MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO MUNICIPAL A REDUCIR A TAXA DO LIXO

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Municipal, presenta ao Pleno da Corporación Municipal esta SOLICITUDE, con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O pasado 28 de decembro acordouse no Pleno do Consorcio As Mariñas o expediente de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte, tratamento e eliminación de lixos e residuos urbanos no suposto de prestación de servizos públicos ou realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de modo particular aos suxeitos pasivos, con resolución expresa das reclamacións presentadas, cuxo texto íntegro se fai público en cumprimento do artigo 17 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo ós efectos da súa entrada en vigor que terá lugar o 01.01.2024.

Respecto das tarifas prodúcese un incremento notable, a partir dun 35 %, tanto no referido ás vivendas como cafeterías, comercios, e calquera tipo de vivenda e establecemento público e/ou privado. Este incremento, do que tivemos coñecemento definitivo polas novas anunciadas aos medios de comunicación, é provocado pola subida do IPC e pola taxa de rechazo imposta polo Estado español. Incremento que suporá un importante desembolso para toda a veciñanza do noso Concello, correndo o risco de que haxa máis recibos impagados.

A taxa de lixo regúlase a través a Ordenanza correspondente, común aos oito Concellos que integran o Consorcio As Mariñas. O custo de servizo ten en conta a cantidade de residuos xerados, polo que a boa separación do lixo no domicilio e o uso correcto dos contedores e dos medios que proporciona o Consorcio reduce os residuos non selectivos e o custo total do servizo. Canto máis se recicle por parte de todos, menor será o custo do servizo.

O servizo é de recepción obrigatoria, debendo pagar polo mesmo independentemente do uso que se realice del, estando obrigados os propietarios de vivendas, locais, establecementos, aloxamentos, industrias, actividades comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos.

No que respecta á periodicidade na recollida dos residuos é ben diferente no ámbito rural e no urbán, o que non é diferente é a cantidade a pagar, todos os vecinos pagamos o mesmo recibo con independencia dos días de recollida do lixo.

 

Por todo iso, e tendo en conta o exposto anteriormente, o Partido Popular somete para a aprobación do Pleno da corporación municipal os seguintes ACORDOS:

  1. – Que dende o goberno municipal se leve a cabo una campaña de información á cidadanía para obter unha maior implicación á hora de separar os residuos e para facer frente ao problema e gasto que implican os rechazos.
  2. – Instar ao goberno municipal a modificar o prezo en función da periodicidade na recollida, é dicir cobrar aos veciños e negocios do rural en proporción ao servizo.
  3. – Que a Alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue leve a cabo todos os trámites necesarios para dar cumprimento destes acordos.
SuperWebTricks Loading...