MOCIÓN CONTRA A TRAMITACIÓN DUNHA LEI DE AMNISTÍA

 QUE PRESENTA O GRUPO POPULAR NO CONCELLO de BETANZOS, conforme ao previsto no Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, polo que se aproba o Reglamento de Organización, Funcionamiento y Régimen Jurídico de las Entidades Locales, para elevar ao Pleno a seguinte MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 O 15 de outubro de 1977 o Congreso dos Diputados aprobou la Lei de Amnistía que seguiu o principio de reconciliación nacional que guiou a nosa Transición á democracia. A amnistía era unha demanda social e unha necesaria e imprescindible impugnación do ordenamento xurídico da dictadura. Foi un dos instrumentos cos que se puxo punto final á represión que sufriu unha parte da sociedade española e un dos grandes acordos que consolidaron noso camiño á democracia.

Durante a tramitación da Constitución de 1978 debatiuse a cuestión da amnistía, xa que se presentaron dúas enmendas para que as Cortes Xerais puideran ter esa competencia. As enmendas foron rexeitadas e, polo contrario, aprobouse o artigo 62 que prohíbe indultos xerais. É dicir, o perdón – que está regulado na Lei do Indulto-, debe ser sempre individualizado e nunca con carácter xeral.

Nunha democracia europea consolidada, como é a española de 2023, unha amnistía, ademáis, atenta contra algúns dos principios básicos do Estado de Dereito como son a exclusividade do poder xudicial para xulgar e facer executar o xulgado, a igualdade na aplicación da lei e a seguridade xurídica. Nin o lexislador nin o poder executivo poden arrogarse a facultade de declarar inmune a un grupo de persoas, borrar seus delitos e incluso evitar que sean xulgados como calquera outro ciudadán. Todo iso ademáis mentres que tanto oTribunal de Xusticia da UE como o Tribunal Europeo de Dereitos Humáns teñen pendentes resoluciós referidas á cuestión, sobre a que se plantexa a posible amnistía e que afectan a España.

En 2017 acontece un intento de insurrección por parte dos poderes públicos de Cataluña contra o orde Constitucional. A reacción do Estado de Dereito foi a aplicación do artigo 155 da Constitución e a posta en marcha dos instrumentos penais contra seus impulsores.

O Tribunal Supremo condenou aos seus principais líderes a penas de entre 9 e 13 anos por sedición e malversación. Algúns dos seus principais responsables fuxiron ao extranxeiro. Dende entón tratan de evitar a acción dos Tribunais españois e europeos. O pasado 5 de setembro Puigdemont condicionou a gobernabilidade de España a, entre outras cuestións, á aprobación dunha Lei de Amnistía que favoreza, entre outros, aos encausados polo referendo ilegal de 2017, en ocasións por feitos dunha violencia extrema.

Non é a primeira vez que se plantea esta cuestión. En 2021 rexistrouse una iniciativa similar no Congreso e os Letrados emitiron un informe contundente contrario á súa tramitación. Ademáis, tanto Pedro Sánchez como ministros do seu Gabinete, Juan Carlos Campo, Fernando Grande Marlaska e Carmen Calvo, entre outros dirixentes socialistas, afirmaron no pasado a inconstitucionalidade dunha posible amnistía.

Por todo o exposto con anterioridade, o Grupo Popular presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS

  1. Rechazar calquer tipo de amnistía ou indulto xeral para calquer grupo de cidadáns, independenetemente do delito cometido.
  2. Considerar que o imperio da lei é a expresión da vontade popular, tal e como establece o preámbulo da Constitución, así como compromete a todos os poderes para seu cumprimento.
  3. Animar a todos os partidos políticos a buscar acordos de Estado que eviten que a sociedade española se vexa sometida ás condición ilegais de partidos independentistas.
  4. Dar traslado destos acordos á Presidencia do Goberno, e aos voceiros e voceiras parlamentarios no Congreso e o Senado; así como á Xunta de Goberno da FEMP.
SuperWebTricks Loading...