ROGOS E PREGUNTAS MARZO 2023

1. A finais de xaneiro do presente ano, coñecíamos pola prensa a inminente contratación dunha auditoría transversal que analizara a viabilidade da cesión da Fundación CIEC ao concello de Betanzos. Posteriormente, a mediados deste mes, e tamén polos medios de comunicación, anunciaban a realización de tres auditorías: artística, arquitectónica e económica, para analizar o posible acordo. Polo que comunicaron á prensa as auditorías artística e arquitectónica están rematadas e están agardando a económica. ¿ Qué previsión de entrega manexan? ¿ Son conscientes da avanzada idade do propietario? ¿Teñen pensado tomar unha decisión antes do remate da lexislatura actual? ¿ Hai algún atranco que debamos de coñecer?

2. Nas derradeira semanas este grupo recibiu, por parte de varios veciños , a necesidade de contar cunha varanda de seguridade nas escaleiras que conflúen na avenida da Coruña co paseo Ramón Beade nas inmediacións do parque Pablo Iglesias. ¿ Teñen pensado proceder á súa instalación? Se a resposta é afirmativa, cando?

3. Nos últimos tempos algúns veciñxs puxeron en coñecemento, do grupo popular, o mal uso que se está a facer nos baños situados no centro da terceira idade do cantón de San Roque. ¿Son coñecedores desta situación? ¿ Teñen algún plan para atallar este problema?

4. Numerosxs veciñxs coméntannos o incomodo e perda de tempo que supón o funcionamento dos semáforos en horas de pouco tráfico. ¿ É posible regular en intermitente/ámbar nas horas nocturnas e mañanceiras para evitar esperas cando o tráfico é nulo ou mínimo?

5. Veciñxs de Tiobre trasladan a súa preocupación polo incremento de afluencia nocturna ao parque infantil situado nas inmediacións da igrexa. Afluencia que implica ruído, pelexas, desperfectos e suciedade. A veciñanza reclama maior presencia policial así como a posibilidade de incremento de luz con intención disuasoria. ¿ Contemplan algunha destas medidas ou ambas?

SuperWebTricks Loading...