Moción para que o concello de Betanzos elabore un Plan propio municipal ou Estudo do estado de barrios e parroquias

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:

 

Exposición de motivos:

Durante os derradeiros anos foron numerosas as ocasións nas que cada un dos grupos que conformamos a oposición fomos trasladando ao goberno municipal deficiencias ou necesidades de diversas rúas, barrios ou parroquias, e que na súa maioría das veces eran demandas e queixas recibidas dende o propio cidadán ou a través de diferentes colectivos asociativos ou veciñais. Ademáis, e quizás por unha clara falta de organización, moitas destas necesidades ou deficiencias no foron subsanadas ou implantadas na actualidade.

 

É incuestionable que nos derradeiros tempos se foron detectando en diferentes puntos do concello, numerosos desperfectos, faltas ou carencias, ben de tipo do estado da rede viaria, mobiliario urbán, zonas verdes ou como xa temos debatido neste derradeiro ano  sobre infraestructuras de saneamento e verquidos incontrolados, ademáis de outros tipos de servizo que farían que a calidade de vida e benestar dos nosos veciños fora moito mellor.

É por elo, que dende o grupo popular, e como xa propusimos en máis ocasións, cremos que para ir solventando e susbsanando moitas das necesidades das diferentes zonas do no noso municipio, sería óptimo levar a cabo un plan propio municipal , folla de ruta ou estudo sobre o estado de conservación das diversas rúas e viales así como tamén do equipamento urbán, tendo por suposto en conta as melloras no ámbito da mobilidade e os servizos públicos. E decir, que o obxectivo non sería outro que redactar unha diagnose do estado da cidade e parroquias co fin de realizar un inventario das actuacións de máis urxencia, para logo acometer os proyectos correspondentes e establecer desta maneira un calendario de plazos de execución e de aquelas actuación prioritarias.

 

Polo tanto, dada esta situación, proponse ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:

 

Primeiro.-  Que o concello de Betanzos elabore a través dos técnicos correspondientes e paralelamente coas aportacións que poidamos achegar os grupos que conformamos esta corporación, un Plan ou Estudo do Estado de Conservación dos Barrios e Parroquias do noso municipio con fin de valorar as súas necesidades, carencias ou deficiencias e poder priorizar as actuacións iniciáis.

 

Segundo.- Que unha vez finalizado, se reúna aos grupos de esta corporación para marcar e analizar as accións prioritarias e establecer un calendario de execucións

 

Terceiro.- Que a Alcaldesa ou concelleiro no que delegue, leve a bo fin os citados acordos.

SuperWebTricks Loading...